Coordinadora Bolivariana

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Constitución de la Asociación Galego-Bolivariana "Hugo Chávez"

E-mail Imprimir PDF
Usar puntuación: / 3
MaloBueno 

El 5 de octubre de 2013 se constituyó en Teis la Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez, llenando un espacio de solidaridad con Venezuela bolivariana en una comunidad que la que desde hace tiempo, no existía un colectivo estructurado en este ámbito.

Adjuntamos cartel, fotos y manifiesto que nos han remitido desde la Asociación.

Teño a ben transmitiros a constitución da “Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez”.

Saúde e ata a victoria sempre

ASOCIACION GALEGO-BOLIVARIANA “HUGO CHÁVEZ”

MANIFESTO

Nace na Galiza e dende Galiza a Asociación Galego-Bolivariana “Hugo Chávez” para establecer vínculos solidarios de defensa e difusión das conquistas da Republica Bolivariana de Venezuela cara o socialismo. Conquistas e logros dos que entre outros salientamos
  1. Facer realidade a participación do pobo venezolano na elaboración da súa constitución democrática e socialista.
  2. Empregar a meirande parte dos recursos do país no desenvolvemento económico e social de Venezuela e contribuir solidariamente no doutros países da Nosa América e do resto do mundo.
  3. Situar á poboación orixinaria de Venezuela no cerne do discurso emancipatorio da revolución para darlle así carta de cidadanía como suxeito de dereitos políticos, sociais e económicos.
  4. Centrar na sanidade, no ensino e na vivenda digna os obxectivos centrais das políticas públicas do estado.
  5. Loitar contra as inxerencias externas, tanto de determinados estados como das grandes corporacións económicas internacionais, belixerantes contra o proceso soberanista, liberador e cara ao socialismo da Revolución Bolivariana.
  6. Elaborar una lexislación encamiñada a redistribuir a terra ociosa entre os campesiños/as sen terras e artellar alianzas internacionais de carácter económico que como ALBA e CELAC combaten o dominio das grandes institucións económicas capitalistas na Nosa América.
  7. Denunciar e condenar as intervencións militares contra países soberanos e pronunciarse pola resolución pacífica e política dos conflitos internacionais.

 


Última actualización el Viernes, 18 de Octubre de 2013 00:14