Coordinadora Bolivariana

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Presentación Gallego

E-mail Imprimir PDF

Bilbao 13,14,15 de xuño do 2014, orgaizado polo Círculo Bolivariano, "La Puebla" de Euskal Herría e Euskadi-Cuba.

Convocado o Xl Encontro de Solidariedade coa Venezuela Bolivariana do Estado Español.

"Solidariedade con Venezuela: pola democracia e o socialismo, contra o golpismo"

Bilbao acollerá, os días 13,14 e 15 de xuño do 2014, o Xl Encontro Estatal de Solidariedade coa Venezuela Bolivariana, orgaizado polo Círculo Bolivariano, "La Puebla" de Euskal Herría e a asociación de amizade Euskadi-Cuba, baixo o lema "Solidariedade con Venezuela: pola democracia e o socialismo, contra o golpismo"

Son intres cruciais para o movemento de solidariedade coa Revolución Bolivariana de Venezuela, que hoxe temos a obriga de que medre e mellore as súas tarefas fronte a guerra política, económica e mediática que sofre o proceso bolivariano.

Perante os primeiros meses do ano 2014, a Revolución Bolivariana de Venezuela, sofre o acoso, dende poderosos actores, internos e externos, nas estratexias de desestabilización, de, "golpe suave".

Por elo, neste Xl Encontro, faremos fincapé, no debate propositivo, na mellora das ferramentas orgaizativas, de comunicación do Movemento de Solidariedade, tentando de coordinar, de maneira máis eficiente, as nosas accións, compartir mellor os recursos humáns e técnicos, actúais, mellorar as ferramentas de comunicación nas tarefas informativas, ponto central, no actual escenario de guerra mediática contra a Revolución Bolivariana.

Será unha oportunidade, tamén, para coñecer experiencias democráticas de Poder Popular, da construcción de espazos socialistas, da consolidación dos dereitos sociais e económicos en Venezuela, perto dos cales, hai un silenzo pechado nos grandes medios de comunicación transnacionais.

Invitámosvos a vir a Bilbao, para xuntar o esforzo colectivo de exercer, hoxe máis ca nunca, uhna laboura sostida e eficente de solidariedade co povo loitador de Venezuela, cos seus movementos populares e o goberno revolucionario.

Volver a presentación

Última actualización el Lunes, 31 de Marzo de 2014 19:46